diciembre 27, 2010

Mostra de Teatro Infantil de Nadal


O Salón Teatro de Santiago despide a súa programación 2010 cunha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Nadal, que ofrecerá do 26 ao 30 de decembro, cinco espectáculos de teatro actor, clown e monicreques, especialmente pensados para os máis pequenos .
Preme na imaxe e atoparás máis información .

diciembre 14, 2010

Xa estamos no Nadal

Queiramos ou non, o Nadal xa chegou ás nosas vidas! Na rúa, na escola, na casa... e, como non, no pensamento d@s máis pequen@s...


Para axudarvos a explicarlle a "Maxia" do Reis Magos, recomendámosvos este libriño súper sinxelo, con colantes para que eles/as rematen de adornar as follas.

Ademais, para vós, por se vos apetece afondar un pouquiño máis nos recursos que existen na nosa terra a cerca do Nadal, animámosvos a visitar esta páxina:



E para xogarmos na biblio, no noso encerado máxico:







diciembre 09, 2010

10 de Decembro, Día dos Dereitos da Infancia

Alguén decidiu un día que a infancia non é unha preparación da vida adulta. Que toda nena e todo neno teñen sentimentos, ideas, emocións, puntos de vista... que debemos respectar e apoiar para que se convirtan neses seres que quixérmos que foran...

Por iso hoxe celebramos o día Internacional da Declaración dos Dereitos da Infancia, e queremos plasmalo con esta presentación do libro "Café dulce, café amargo"



Se picades no logo de UNICEF atoparedes máis información relacionada coa data.

diciembre 03, 2010

Día Internacional da Discapacidade


Todos diferentes, Todos iguais.
Porque o importante é saber convivir, quererse e querelos...
Pica na imaxe e vera-las páxinas do conto "El cazo de Lorenzo".

noviembre 29, 2010

Para que non Haxa Mandóns...

Aínda que con certo retraso, non queriamos deixarvos de amosar esta presentación dun libro que descubrimos grazas ós nos@s compañeir@s de Raioteca, dende o CEIP de Andrade.

Porque o día da violencia machista é tódolos días.


noviembre 26, 2010

Alicia Patapam

Nun día moooi aburrido, no que non ten nada que facer, Alicia abre un libro de contos case sen querer... Pero ese feito desganado e apático converterase nunha aventura interesante.¨

O que @s nen@s descubran ás personaxes que aparecen nas historias faise moi emocionante.

As ilustracións son tamén simpáticas e interesantes.

noviembre 22, 2010

Literatura para Adultos

O autor de "El niño del pijama de rayas" e "Motín en la Bounty" volve a amosa-la súa facilidade para relatar feitos históricos mesturados con fantasía realista.

Desta vez, o personaxe Georgi Danilovich Yáchmenev amósanos o tempo do Tsar Nicolás II e os Romanov e os tempos que precederon á revolución bolchevique mesturados cunha conmovedora traxedia íntima na que o final se agocha ata as últimas liñas.

noviembre 21, 2010

Fernández Paz, NON Premio da Cultura Galega

O sobradamente recoñecido escritor, Agustín Fernández Paz, decidiu non acepta-lo Premio da Cultura Galega, nun alarde de coherencia e honestidade.


Os motivos polos que así o fixo veñen recollidos no manifesto publicado por Prolingua o 8 de outubro, titulado "Rosalía nunca aceptaría ese premio".


Se picas na imaxe poderás le-la noticia recollida no xornal.com e outros enlaces de interese a cerca do manifesto e da valía do autor.

noviembre 19, 2010

En Tren ó Teatro!


Onte fumos ó antigo Cine Elma a ver un contacontos, convidados polo Concello e organizado pola Xunta de Galicia.
Quizais a peza non estaba moi adaptada a Infantil... pero pasárono tan ben
tod@s!!! Era a primeira vez que saiamos con de 3 anos e foi xenial!!!
Deixámosvos unha pequena montaxe do proceso.

noviembre 17, 2010

O Magosto e a Biblioteca

Pese a que o día da festa do Magosto non fixo moi bo tempo, algunhas actividades pódense facer chova, vente ou trone!!!
E entre elas están os títeres, que nos arrincaron algúns nervios e moitas risas...
Tamén podedes ve-las fotos do Magosto na web: os botes, as castañas, os tizóns...

noviembre 11, 2010

Novidades da Semana

Como xa dixemos, esta semana andivemos reorganizando e investigando a biblioteca... así que cando nos demos conta tiñamos un lote de libros novos sen amosarvos!

Por iso decidimos facer esta presentación, para que vaian todos dun tirón... (a calidade é regular, sabémolo... outro punto a mellorar.. jjjj)

Xa sabedes onde os podedes atopar: no estante de novidades!

Ó día

Esta semaniña estivemos a ordenar, clasificar, recuperar...
os volumes da biblioteca. É un pouco confuso o cambio de coordinación... por tódalas partes! Pero esperemos
que gracias á colaboración de tódalas compañeiras vaia
encamiñándose o traballo... Animámosvos a virnos visitar!

noviembre 03, 2010

Raquel Sainz é colaboradora habitual de OQO. Esta vez, coma outras anteriores, racha cos convencionalismos e estereotipos dos contos populares.
"Este é un libro sobre gatos condenados a calzarse, viúvas afeccionadas á moda, amantes dos animais, avalanchas de ratos, frautistas retirados, albaneis de servizo, estraños aparellos que sosteñen a lúa, bruxas nun mal día, revoltas populares, reis, raíñas, princesas... que conta a incríble (pero certa) historia de como as ras acabaron gobernando o mundo"

Aínda que recomendado para 8 anos, é un álbum que atrae polas reinterpretacións paródicas das personaxes dos contos clásicos e as ilustracións coloristase orixinais de Rashin Kheiriyeh.

Moi divertido!

octubre 28, 2010

No apartado "Xogando e Aprendendo" colgamos un enlace directo cunha páxina web que nos permite ir creando o conto que nos relatan. Moi faciliña de seguir e súper interesante!

octubre 27, 2010

Libro-Xogo para toda a familia

A Editorial "La Osa Menor" preséntanos un libro que non é para ler, senón para xogar.


Ideado por Àngels Navarro, permítenos descubrir ata 1.728 labirintos alternando as solapas.


Podedes seguilos co dedo ou calquera cousa que remate en punta (un pauiño, un pincel...)


Se non atopades o camiño á primeira non desistades! Só tedes que desfacelo e comezar de novo.


Moi interesante a combinación do xogo en familia co enxeño nun formato libro.

octubre 25, 2010

Outra de Premios!

Ultimamente son todo Galardóns, pero o Concello de Santiago de Compostela e a editorial Kalandraka veñen de outorgar o seu III Premio de Álbum Ilustrado a "A Familia C", unha obra sinxela, bonita e moi chamativa.
A propia editorial preséntanola en galego, español e inglés.
Unha boa opción para un rato agradable!

octubre 21, 2010

Premio Nobel de Literatura 2010

Este mes vén de coñecerse o gañador do premio Nobel de Literatura, que finalmente recaeu en Mario Vargas Llosa.

Cunha ampla obra xa coñecida durante o século pasado, sobran os nomeamentos e descricións das mesmas. Simplemente como mención especial por ter recibido tan bo e ben dotado premio, amosámosvos as súas novas creacións, as do século XXI.

octubre 20, 2010

Premio Planeta 2010

Eduardo Mendoza, avogado de estudos e escritor de profesión, autor de obras como “La verdad sobre el caso Savolta”, “La verdad de las aceitunas” ou “La ciudad de los prodigios“, gañou a 59 edición do Premio Planeta de Novela, dotado con 601.000 euros, coa obra “Riña de gatos. Madrid 1936”, unha novela de intriga sobre un xoven inglés especialista en pintura española reclamado para taxar un posible cadro de Velázquez. Este personaxe convive nun lugar real, nunca época real, con outro personaxe histórico, tamén real, pero que é o propio lector o que o debe ir descubrindo...

Samaín

Un vídeo cun tema de Mamá Cabra para inspirar a semana do Samaín.

Mirade que hai tamén algún xoguiño!

octubre 18, 2010

octubre 15, 2010

En marcha!

Comeza o outono, o mes do samaín, caen noces e castañas... e no cole tratamos todos estes temas tamén dende a biblioteca: visitade a nosa exposición temática, que serve ás aulas para ter á man os nosos fondos sobre a temática do primeiro trimestre.

octubre 08, 2010

A Maxia dos Títeres

Pica na imaxe

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos gozaron o xoves 7 de outubro co espectáculo Allegro Vivace, no que nos atopamos co encanto único dos monicreques e as súas incribles posibilidades de facernos sorrir e provocarnos emocións positiva.

octubre 06, 2010

Mes Internacional das Bibliotecas Escolares

Dende o ano 1999 celébrase o mes de outubro coma o Mes Internacional da Biblioteca Escolar. O seu obxectivo é chamar a atención sobre a importancia das bibliotecas escolares na educación.
Por isto queremos darvos a coñecer unha páxina web para que dende a casa nos axudedes a fomenta-lo gusto pola lectura.

Pica na imaxe

Unha chea de ilusións

Un ano máis, a biblioteca da nosa escola abre as súas portas para acoller nela os desexos, pensamentos e ilusións das nosas nenas e dos nosos nenos.

Esperamos que este curso sexa unha grande experiencia, ademais de para o alumnado, para vós, as familias.

agosto 30, 2010

Ciberoteca.

Acceso a unha biblioteca virtual onde atoparedes recomendacións moi interesantes...

agosto 20, 2010

Chabelo.

Enlace a Chabelo, clube infantil que recolle contos moi especiais.

agosto 10, 2010

O Universo...

Queredes descubrir moitas curiosidades sobre o Universo?
Se pinchas na imaxe entrarás na web Infoastro.com, onde se recollen novas sobre o Universo.

agosto 04, 2010

La Ola

Neste libro sen palabras Suzy Lee conta a historia dunha nena nun día de praia. A impresionante simplicidade das ilustracións, en tan só dous tonos de acuarela, crean unha vibrante e inesquecible historia chea de ledicia e risas.

julio 30, 2010

Libros e máis libros...

Enlace a unha web con comentarios e críticas de moitos libros, aquí podedes atopar suxerencias e ideas para todos e todas! Preme na imaxe!

julio 20, 2010

Kidlink.


Premendo na imaxe podedes acceder á web kidlink, onde atoparedes información sobre proxectos globais.

julio 10, 2010

Tesoros del ayer.

Nesta web podedes visitar exposicións sen saír da casa...
Tedes mostras de diferentes exposicións: xoguetes antigos, maxia, circo, cine... e moito máis!

julio 04, 2010

Nariz de ouro

Eduardo ten o nariz grande, a el non lle gusta porque cuando se ducha non molla a boca, porque aparece polas esquinas antes que el, porque ten que pagar dous asentos no autobús,… Eduardo está farto de todo isto.
A súa nai, polas noites léelle "O parruliño feo", Eduardo xa sabe que o parrulo ao final é un precioso cisne, a súa nai lémbrallo, pero realmente non hai nada malo en ser un parrulo, Eduardo non quere ser un cisne.


Eduardo nos seus soños, podía salvar a xente que naufragaba grazas ao seu nariz, convertíase nun heroe, despois facían unha estatua súa e baixo o nariz a xente regardábase da choiva. Tamén servía para colgar calcetíns, ou para que se pousaran paxaros. Así, Eduardo darase conta de que non é tan malo ser un parruliño feo e decidiu aceptarse tal e como é.

junio 30, 2010

Club Penguin.


Nesta web, uns pingüíns moi simpáticos invítanvos a un montón de xogos!

Visitádea!

junio 29, 2010

A nosa biblio...

Despois de moitos cambios...chegou a hora de amosar a biblioteca!
Chan novo, sofás, armarios de cores...
Que vos parece?

junio 27, 2010

Recomendación para maiores...

Este mes, a recomendación para adultos chega en vídeo.

Esperamos que vos guste!

junio 25, 2010

Tasta'm!

Portal web educativo sobre alimentación, emocións, saúde infantil e educación en xeral.
Contén actividades de aula, exercicios e xogos temáticos: alimentación, valores, emocións, matemáticas, lingua, inglés, francés e italiano; usando as TICs como ferramenta de aprendizaxe.

junio 21, 2010

Homenaxe a Saramago

“E se os contos infantís forem de leitura obrigatórias para adultos? Seríamos realmente capaces de aprender o que, desde há muito tempo vimos ensinando?” Saramago

Do fermoso conto "La flor más grande del mundo" de Saramago, a produtora galega Continental fixo un vídeo de animación que se acompaña con música de Emilio Aragón.

junio 20, 2010

Enlace interesante.


Enlace á páxina web Internenes, onde poderedes atopar xogos en liña, historietas, cómics...
Accede á páxina premendo na imaxe.

junio 10, 2010

Xinxeta.


A doutora Xinxeta ofrécenos un montón de actividades creativas!
Queredes coñecela? Preme na imaxe.

mayo 30, 2010

La caja de las palabras mágicas.


Enlace onde podedes atopar moitas sorpresas, nunha caixa chea de... palabras!


Preme na caixa...

mayo 22, 2010

Contos fantásticos.

Gústanvos os contos fantásticos?
Preme na imaxe...

mayo 13, 2010

Pequeno azul e pequeno amarelo

Cando lle preguntan á ilustradora alemana Jutta Bauer polo libro “Pequeno Azul e Pequeno Amarelo, califícao como “a obra dun mestre”. Leo Lionni emprega un sistema tan eficaz e sinxelo coma uns cachos de papel e unhas poucas palabras para contar unha historia entrañable. Kalandraka recupera este conto maxistral que, aínda que data de 1959, foi
precursora no seu tempo e mantén toda a vixencia na actualidade. A historia destaca pola ternura e orixinalidade da proposta plástica, en perfecta armonía cun texto a base de frases simples e descritivas.
Dúas pequenas cores fúndense nun abrazo sen decatarse de que se convirten nunha nova cor, e ninguén os recoñece. As bágoas ldevólvelles a súa forma orixinal, un descubrimento que celebran e comparten con todos os seus amigos. É así
como a partir dese momento xogarán a crear novas
gamas cromáticas.

Sesión de contacontos
Na biblio tivemos a oportunidade de descubrir un conto dunha forma moi especial!
Con tintes, auga e vasos de plástico!
Pasámolo moi ben!
Aquí tedes algunhas fotos...



Despois de experimentar coas mesturas de cores, fixeron debuxos do que máis lles gustou.
Aquí tedes o resultado.

Fixemos mil e unha mesturas... probamos un montón de posibilidades!