diciembre 16, 2008

Uso do casco obrigatorio!

Estamos en obras. Non nos gustaba o chan da nosa biblioteca -tan feo, tan frío-, falamos de cambialo, e...meu dito, meu feito, puxémonos mans á obra.
Para envexa e admiración de San José, a cousa vai progresando moito máis do que cabía esperar da nosa inicial falta de pericia en tales mesteres.
Alguén dubida? Pois para a xente de pouca fe, que sempre a hai, aí vos van unhas cantas fotos que dan fe do dito.






Para o trimestre que ven, fotos da obra rematada.
Veredes que chula!

diciembre 09, 2008

A orella pendella



Enredando por aí, encóntrome con esta interesante páxina de difusión da literatura popular.
Cancións, poemas, ditos que pasaron oralmente de xeneración en xeneración, e que sería unha mágoa que se perderan.
Unha páxina participativa, na que ti tamén podes incluír esas cousas que gardas na memoria: os poemas que che recitaba tua avoa para durmir, as cancións que usabades para botar a sortes ao xogar...antes que as perdas!
Moi ben pola iniciativa!
Quédavos aí, á dereita, en "Ligazóns que nos gustan"

diciembre 05, 2008

Afaite a regalar libros polo Nadal


Na páxina web do noso cole, tés algunhas propostas de libros para o Nadal. Agora, de vacacións, e con este tempiño...que mellor compañía pode haber que un libro?

octubre 13, 2008

BENVIDA

Benvidas todas as persoas que pasades por aquí. Se era de casualidade, botade un vistazo...aínda que polo de agora non hai moito que ver, pero...xa haberá, xa.
Se entrabas intencionadamente, xa ves, este é, efectivamente, o blog da biblioteca da EEI Fernández Varela.
En calquera caso, as suxestións serán sempre benvidas.